Skip to Content

Música

Departamento de Música


  PROFESORADO

    • David Barros 
    • Xaime Estévez

Musiqueando en Moaña 2024

O pasado luns 3 de xuño desprámonos en barco ata Moaña para encontrarnos cos compañeiros/as do coro do IES A Paralaia.

Tivemos unha fermosa xornada de praia e música, xa que pola mañán disfrutamos dunha ruta sonora co músico local Xavier Blanco, ao longo das praias de Tirán, e pola tarde ofrecemos un concerto conxunto no centro de día da asociación AFAMO.

Agardamos podamos volvernos atopar noutras ocasións!

 

Concerto Escultor Acuña 2024

O pasado venres 24 de maio o alumnado de 3ºESO que participa no coro ofreceu un concerto aos alumnos de 5ª e 6º do CEIP Escultor Acuña.

Moitos dos membros do coro visitaron de novo o centro onde estudaran e tiveron a oportunidade de saudar aos seus antigos mestres. Todos coinciden en que teñen un gran recordo dos últimos cursos de primaria neste centro, ainda que lles coincidiu coas restriccións sociais por mor da pandemia polo COVID.

Temos que agradecer ao equipo de Lingua de Signos polo tremendo traballo dobrando as letras das cancións que ofrecemos en directo.

Moitas grazas ao CEIP Escultor Acuña pola gran acollida!

Visita á ESAD 2024

O pasado 15 de abril, un grupo de alumnos e alumnas de 3º e 4ºESO achegáronse á Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) situada no barrio de Navia para presenciar un ensaio do musical "Hairspray".

Diversos números deste musical vanse interpretar por alumnado deste centro educativo no InnovArt'24, organizado pola Consellería de Educación en Santiago de Compostela os días 18 e 19 de abril.

Foi unha xornada fantástica rodeados de tanto talento!

Feminino singular 2024

O alumnado do noso centro puido celebrar o 8M a través da música grazas ao profesor Xaime Estévez e á súa última publicación Feminino Singular, unha viaxe musical a través da música delas

Beizón!

 

Concerto do alumnado do Alexandre Bóveda 2024

O pasado venres 22 de marzo despedimos o trimestre cun magnífico concerto ofrecido por 12 alumnos/as do IES Alexandre Bóveda.

Baixo a dirección da profesora Judith Alonso interpretaron cancións clásicas de rock como "Nothing else matters", "Rolling in the deep" ou "Bohemian rhapsody" entre outros temas. Como final de festa, o coro de 3ºESO do noso centro cantou con eles "Whatever" da banda británica Oasis. Agardamos que poidamos seguir colaborando no futuro con novo repertorio e actuacións conxuntas.

Parabéns a todos e todas!

Visita ao museo Liste 2024

O Departamento de Música organizou unha visita ao Museo Etnográfico Liste de Vigo para o alumnado de 2  ESO e D.

Tiveron a oportunidade de participar nunha visita guiada polas distintas zonas dedicadas os tecidos, oficios, medicina popular ou ao mundo agrícola comprobando as súas propias raíces culturais e as relacións do exposto con materias como Galego,Historia,Tecnoloxía ou Música.

Concerto no Celso Emilio Ferreiro 2024

O pasado 21 de marzo, o coro, formado por alumnado de 3ºESO, ofreceu un concerto para os compañeiros/as do CEP Celso Emilio Ferreiro. Neste centro educativo estudaron varios membros do coro, que recordaron o seu paso polo colexio con agarimo, ainda que viviran os últimos cursos de primaria durante a pandemia pola COVID.

Tivemos a sorte de cantar "A Carolina" acompañados da gaita de Lois Comís.

Agardamos volver pronto para cantarlles aos nosos amigos/as do CEP Celso Emilio".

Visita de Fillas de Cassandra 2024

O alumnado de música recibiu unha agradable sorpresa ao poder compartir unha aula coas artistas galegas máis recoñecidas do momento Fillas de Cassandra.

As dúas integrantes compartiron a mañá con eles e incluso houbo alumnas que se atreveron a cantar con elas.

Grazas, María e Sara por unha mañá que de seguro nunca esquecerán!

Visita á asociación Alento e ao Conservatorio Superior de Música 2024

Os pasados días 27 e 29 de marzo o Departamento de Música realizou dúas actividades extraescolares co alumnado do centro.

O martes 27 o coro formado por alumnas de 3ºESO visitaron as instalacións que a Asociación Alento ten no barrio de Navia e ofreceron un concerto aos residentes, os cales nos acolleron con moita ilusión e afecto.

Por outra banda, o xoves 29 foron alumnos e alumnas de 2ºESO A e B quenes disfrutaron dun magnífico concerto didáctico da orquestra de vento do Conservatorio Superior de Música de Vigo. Agradecemos ao Concello de Vigo pola organización e agardamos que esta iniciativa se poda repetir no futuro para poder así disfrutar de música en directo e poñer en valor as agrupacións e institución musicais da cidade.

Distribuir contido


by Dr. Radut