Carreira de Orientación en Pontevedra 2014
SAÍDA DE ORIENTACIÓN AO MERCANTÍL DE PONTEVEDRA
O mércores 12 de marzo parte do alumnado de 1º e 2º da ESO xunto con alumnado do CEIP Escultor Acuña participaron no campeonato provincial de orientación, que se celebrou en Pontevedra no recinto do círculo Mercantil. Incritos nas categorías de infantil e cadete (tanto en masculino como en feminino), o día acompañou meteorolóxicamente e tamén no deportivo, xa que se conseguiron algunhas medallas (un primeiro posto, un segundo e un terceiro) e unha boa participación de todos/as. Aquí temos de esquerda a dereita aos medallistas: 2º Infantil Home. Jaime Caamaño Díaz 1º Infantil Dama. Celia Fernández Gómez 3º Infantil Home. Daniel Estévez Martínez Foi unha interesante experiencia para moitos dos que repetían neste tipo de probas, e tamén para os que participaron por primeira vez. Ían saindo cunha diferencia de dous minutos respecto ao anterior, e co seu mapa, o seu compás e un dispositivo electrónico para fichar en cada punto de paso da proba (as tecnoloxías fanse presentes). O percorrido foi duns 30 minutos aproximadamente con zonas de bosque, zonas despexadas e pendentes considerables pero superadas por todos os participantes con satisfacción. Unha vez chegados á meta fichando co noso dispositivo electrónico xa nos facilitaba os tempos de paso en cada baliza e podíase comprobar en pantalla a clasificación (todo inmediato). Isto provocaba que aqueles que tiñan unha boa marca estivesen moi pendentes das marcas dos que ían chegando, e finalmente respiraron cando comprobaron os bos resultados. |