A Fundación Escola Rosalía de Castro, Educa Barrié, co patrocinio de La Caixa e o Concello de Vigo, e o asesoramento da Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática (AGAPEMA) organizaron de novo en Vigo X Edición da Semana Matemática, dende este ano IMATXINA.
“As matemáticas son aburridas”..”A min as matemáticas non se me dan ben”....”Eu son de letras”...O Departamento de Matemáticas quixo botar abaixo estes e outros tópicos sobre as matemáticas coa visita didáctica, que fixeron os nosos alumnos de 1º de ESO.
Os obxectivos da visita resúmense en:
-
Sacar as matemáticas das aulas e achegalas á sociedade dende un punto de vista manipulativo e participativo.
-
Favorecer o uso de materiais didácticos para o tratamento dos programas curriculares.
-
Amosar a través destas tarefas que todos os cidadáns poden facer matemáticas, é dicir: argumentar, analizar, decidir, demostrar, descubrir, razoar ...
-
Sensibilizar aos distintos sectores educativos, de que as matemáticas poden ensinarse e aprenderse de xeito atractivo.
-
Acadar o apoio das distintas institucións do eido da educación e da cultura para seguir espallando en todos os niveis unha maior e máis axeitada formación matemática.
-
Aprender a traballar en equipo valorando e respetando as opinións propias e ás dos demáis e fomentando a imaxinación e a creatividade.
"Siempre he creído que el mejor camino para hacer las matemáticas interesantes a los alumnos y profanos es acercarse a ellos en son de juegos" Martín Gardner
|