Skip to Content

Campionato do mundo de Show Dance 2013

Un grupo de bailarins da escola viguesa Media Punta, con idades comprendidas entre os 7 e os 23 anos, que representaron a España no campionato mundial de "show dance" celebrado en Alemania, proclámouse, o venres 29 de novembro, CAMPIÓNS DO MUNDO na modalidade de Producións con "Primeira clase", unha coreográfica ambientada nun aeroporto na que participaron 76 bailarins.

Jazz, hip hop, danza contemporánea, acrobacias e un toque de ximnasia rítmica. Esta mestura de estilos son os ingredientes do "show dance", un tipo de baile que triunfa en todo o mundo e no que Vigo logrou a excelencia.

E que ten isto que ver co noso centro? 

A resposta é sinxela. Oito dos compoñentes deste grupo de baile, estudan no noso centro. E aquí volos presento (de esquerda a dereita):

- Elena López de 3º de ESO A

- Jénnifer Davila de 1º BACHARELATO A

- Marta Durán de 2º de BACHARELATO B

- Marta Basadre de 2º de BACHARELATO A

- Noelia Andres de 1º BACHARELATO C

- Marta Alcalde de 1º BACHARELATO C

- Raque Barbeito de 1º BACHARELATO A

- Lucas del Río de 2º de ESO B

Esta é a fotografía de todo o grupo

O sábado viviuse outra xornada de infarto, xa que conseguiron meterse tamén na final da categoría de "Smoll group", que finalmente gañou Sudáfrica, quedando clasificados en 6º POSTO dun total de 48 paises.

 Agora chega o mellor.

Aquí tedes as coreografías premiadas. Disfrutádeas!

     PRIMEIRA CLASE

RAICES



page | by Dr. Radut