Saida a FARO DE VIGO
VISITA A FARO DE VIGO
O día 30 de outubro, os alumnos de 2º da ESO A e B e os de 3º PDC visitaron as instalacións de Faro de Vigo en Chapela. Acompañáronos os profesores José Luis Álvarez e Beogña Davila. Na visita guiada fixéronlles un percorrido polos diferentes departamentos do xornal: redacción, maquetación, produción e impresión. Explicáronlles todas as fases de elaboración e distribución do xornal, dende que crea a noticia ata que chega ás mans do lector. A historia do xornal, decano da prensa española, espertou o interese dos alumnos. Na hemeroteca, accesible dende a edición dixital, consultaron o primeiro número do xornal (hai 160 anos) e as portadas da publicación en datas importantes da historia recente do país. Pero o que máis lles impresionou foi a sala onde se encontra a rotativa do xornal, capaz de imprimir 30 000 exemplares por hora. |