Skip to Content

Maio, mes da POESÍA.

 

                                                                                                           

Imos dedicar o mes de maio á poesía.
Se aínda non lle "colliches o gusto" a este xénero literario, é que o probaches pouco.
É imposible definir a poesía, hai que sentila.
Pedímosche a colaboración para converter maio nun agromar de palabras e sentimentos.


Mándanos ao blog ou deixa na biblioteca o teu poema preferido.


Podemos votar e elixir os que máis nos gusten e logo facer un recital acompañando ou non de música, ilustralos....e todo o que se che ocorra!

Desde a Biblio deixámosche aquí un dos nosos preferidos.Disfútao

 

"A biblioteca, amado espazo de liberdade"

"Onde todas as palabras existen, estás ti comigo, aínda que xa non vaias ao meu carón.

Onde todos os libros habitan, tamén hai un oco habitable no que ti vives canda min.

Onde todas as historias, grandes ou pequenas, contadas ou cantadas, teñen cabida, a túa historia é unha máis das que fan que este mundo ula mellor.

Onde os bicos saben a papel.

Onde o papel ten a suavidade das caricias.

Onde o silencio está preñado de contidos.

Onde todo é posible entre catro paredes, porque a imaxinación verdadeira xamais será coutada con paredes...

(Fragmento do poema de Xosé A. Neira Cruz)

Preme aquí se o queres ler completo

 



page | by Dr. Radut