Estudo antropométrico infantil en Vigo
Na última década o número de nenos obesos aumentou considerablemente. O Concello de Vigo, que forma parte da Rede Española de Cidades Saudabeis, que perseguen promover estratexias locais integrais e de desenvolvemento sostible baseados nos principios e obxectivos de Saude para todos, elaborou para o 2009-10 un plan orientado á poboación infantil comprendida entre 12 e 16 anos. |
||
O IES Álvaro Cunqueiro participou nese proxecto cun total de 114 alumnos de 1º , 2º, 3º e 4º da ESO.
A utilidade deste estudo é identificar a magnitude da obesidade e o sobrepeso na nosa poboación ca finalidade de promover actuacións encamiñadas a mellorala, adoptar medidas de prevención sensatas e axustadas ás necesidades reais e tamén poder avaliar os seus efectos. |
||