Entroido 2010
O entroido é unha das festas máis celebradas en Galicia, nela hai dous aspectos que se poden salientar: o litúrxico e o festeiro.
As máscaras, as bromas, e a gastronomía configuran o aspecto festeiro. Atopamos máscaras en tódalas cidades, vilas e aldeas galegas. Chámanse segundo os sitios mascaritas, peliqueiros, pantallas, cigarróns ou boteiros.
Nós temos preparada unha gran festa. As festas igualan, liberan enerxía, achegan ás persoas e reforzan a vida en comunidade.
¡¡ ESPERÁMOSTE !!
¡¡ GRAN DESFILE DE DISFRACES !!