Dúas das nosas compañeiras chegaron á finalísima, unha disputa de moitísimo nivel entre catro mozas. A participación, como en edicións anteriores, foi moi alta, reuníndose no escenario arredor de 120 regueifeiras/os de moitos institutos vigueses.
Queremos dar as grazas a todo o alumnado participante, que logrou poñer o nome do Álvaro Cunqueiro no máis alto. Ah, por certo! Que rica estaba a rosca que papamos por chegarmos á final