|
Viaxe fin de etapa 4º ESO: Madrid
O alumnado de 4ºESO realizou a viaxe de fin de etapa a Madrid dende o martes 2 ao venres 5 de abril.
Pasárono fenomenal visitando Segovia e algúns dos puntos máis emblemáticos do centro da capital, o Parque do Retiro, o Museo Centro Nacional de Arte Reina Sofía ou o teatro Albéniz onde puideron ver o musical inspirado na novela gótica A pantasma da ópera de Gaston Leroux.
Xa na segunda metade da viaxe chegou un dos momentos máis esperados cando visitaron o Parque Warner e o Parque de Europa.
Tanto o profesorado coma os monitores acompañantes quedaron encantados coa actitude do alumnado participante, así que desexamos que a lembranza desta viaxe perdure nas súas memorias por moitos anos.
[Se non pode ver o vídeo, prema aquí]
Adxunto | Tamaño |
---|---|
VID-20240408-WA0002.mp4 | 4.69 MB |