O pasado 12 de novembro, despois de moito esperar a que o tempo fora favorable, o fin celebramos a tradicional festa do Magosto no centro. Tódolos alumnos e profesores tiveron a oportunidade de pasar unha xornada de tarde moi agradable na que non faltaron as castanas, os xogos populares e a música tradicional en directo. O noso agradecemento as alumnas que amenizaron a festa con gaita e pandereta e a tódolos profesores e profesoras que colaboraron nos preparativos e o desenvolvemento da actividade. Moitas grazas e contamos con vos para o ano que ven. Aquí deixamos unha imaxe dos preparativos.