Skip to Content

Proxecta +

PROXECTA + "AULAS SEN FUME " (Vídeos)

Na actividade de Proxecta + "Aulas sen fume" o alumnado de 2º ESO, coordinado pola profesorade matemáticas Jenifer Espasandín, realizou os seguintes vídeos:

Para ver os vídeos prema aquí. Abrirase a aula virtual do centro e debe acceder como convidado

 

 

PROXECTA + "AULAS SEN FUME " (Lemas)

Este proxecto, coordinado pola profesora de matemáticas Jenifer Espasandín, destínase a todo o alumnado de 2º ESO coa fin de evitar ou reducir o consumo de tabaco. Para elo levaranse a cabo un conxunto de actividades interactivas baseadas na sucesión de presentacións, vídeos e concursos a través dos cales se pretende transmitir e concienciar ao alumnado os beneficios que aporta non consumir substancias tóxicas.

Os obxectivos principais son:

  • Evitar ou reducir o consumo de tabaco entre o alumnado.
  • Difundir hábitos de vida saudables entre o alumnado.
  • Concienciar ao alumnado dos riscos para a saúde do consumo do tabaco.
  • Mellorar as competencias sociais e cívicas do alumnado.
  • Potenciar a expresión creativa e o traballo colaborativo e cooperativo, creando unha dinámica de aula positiva e construtiva.

Os traballos que se fixeron para escoller un lema son os seguintes: 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut