Skip to Content

Novas

OS ALUMNOS DE 2º BACH DE PSICOLOXÍA E HISTORIA DA ARTE EN VIENA

O pasado mes de xaneiro, varios alumnos do noso centro das optativas de Psicoloxía e Hª da Arte tiveron a oportunidade de viaxar a Viena cos profesores Luis Dosal (Filosofía) e Pedro Márquez (Matemáticas), donde poideron disfrutar da cidade así como visitar o Museo Freud, o Museo das Matemáticas o a casa natal de Beethoven.  Gracias aos profesores pola súa labor e aos alumnos polo seu comportamento exemplar.

 

 

PREMATRÍCULA 2018-19

Entre os días 1 e 20 de marzo estará aberto o prazo de prematrícula para ESO e Bacharelato. Haberá que entregar o impreso cumprimentado na Secretaría do centro. Pódense descargar desde aquí.

HORARIO DO DÍA 21 DE DECEMBRO E INFORMACIÓN DE CONTACTO DURANTE O NADAL

Informamos que o día 21 de decembro as clases rematarán as 12:05 horas e haberá transporte escolar axustado a este horario.

Durante as vacacións de nadal (22 de decembro - 7 de xaneiro) o centro permanecerá pechado. Para calquera consulta ou dúbida, pódese empregar o enderezo de email: ies.agra.raices@edu.xunta.es

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO 2016/17

A alumna ALBA SENDÓN BLANCO foi recoñecida cun dos premios extraordinarios de bacharelato outorgados pola Xunta de Galicia para o curso 2016/17. Parabéns!

THAT´S ENGLISH

Comunicámoslle a todos os interesados en matricularse no nivel Básico ou Medio do programa "That's English" que se imparte no noso centro que o prazo de matrícula será dende o 11 de setembro ata o 20 de outubro.

Tamén queremos  informarvos que a Proba VIA (ou proba de nivel) se vai realizar OnLine e os alumnos poderán facela ao longo de todo o período de matrícula. Así os alumnos poderán facer primeiro a proba VIA e unha vez que sepan o  curso (nivel) matricularse e facer o pago. Preme nos seguintes enlaces para máis información:

Proba VIA

Matrícula

Matrícula de setembro

Estas son as datas da entrega de notas e de matrícula de setembro

Mes de agosto

Durante o mes de agosto, o centro permanecerá pechado. Para calquera consulta ou dúbida, pódese empregar o enderezo de email: ies.agra.raices@edu.xunta.es

Listaxe de libros de texto. Curso 2017/18

Listaxe de libros de texto. Curso 2017/18

Para ver a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso 2017/18 pica aquí.

NOTA: Informamos que o centro dispón no seu Fondo de Libros de exemplares suficientes para algunhas materias. Prégase consultar ao centro antes de encargar/mercar  os libros nas librarías

BANCO DE LIBROS DE TEXTO DO CENTRO PARA 1º E 3º DE ESO

Se tés libros de texto de 1º e 3º ESO en bo estado, dos que se usaron o curso pasado no noso centro, e os queres ceder ao noso banco de libros para emprestar xunto cos do fondo solidario da consellería tráeos ao centro.

Contactar con secretaría ou dirección.

GRAZAS POLA TÚA COLABORACIÓN!!!

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut