VIAXE AMSTERDAM/BRUSELAS DO ALUMNADO DE 4º ESO
- Extraescolares |
- Novas |
- Novas |
- Novas
A pasada semana, o alumnado de 4º da ESO do IES Agra de Raíces de Cee, acompañado polas profesoras Lara Trillo, Iolanda Rodriguez e Mercedes Teijeiro, visitaron as cidades de Ámsterdam e Bruxelas.
Nesta viaxe cultural, organizada polo instituto, tiveron a oportunidade de achegarse un pouco máis á historia e á cultura destas dúas cidades da man de expertos guías locais e visitar os principais monumentos.
En Ámsterdam, visitaron os dous museos emblemáticos da cidade: o Rijksmuseum e o Museo Van Gogh. En Bruxelas, tiveron a oportunidade de explorar o Atomium e descubrir o Museo do Diseño onde disfrutaron da exposición temporal adicada á historia da música disco.
Fóron 5 días de actividade frenética, paseando polos canales holandeses, Begijnhof, o Barrio Vermello, a Praza Dam, a Casa de Anne Frank e o Mercado da Flores en Amsterdam que remataron en Bruxelas na maxestuosa Grand Place, con visita obrigada ó Manekken Pis e ás maxestuosas galerías.
A expedición do Raíces fronte o Rijksmuseum (Amsterdam)
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Rijksmuseum.jpg | 397.65 KB |