Skip to Content

THAT'S ENGLISH

Comunicámoslle a todos os interesados en matricularse no nivel Básico(A2) ou Medio(B1) do programa "That's English" que se imparte no noso centro, que o prazo de matrícula será dende o 11 de setembro ata o 22 de outubro de 2018.

Tamén queremos informarvos que a Proba VIA (ou proba de nivel) se vai realizar OnLine e os alumnos poderán facela ao longo de todo o período de matrícula. Se elixe esta modalidade telemática deberá inscribirse a través da páxina web de That's English (www.thatsenglish.com) cubrindo os datos solicitados. Poderá optar por realizar o pago en liña (TPV virtual ou Paypal) ou na entidade bancaria establecida para tal fin.



page | by Dr. Radut