Xornadas de atención á diversidade
Informamos a toda a comunidade educativa que a Federación Provincial de ANPAS Costa da Morte e a confederación de ANPAS Galegas, organiza durante os días 23, 24 e 25 de novembro unhas "Xornadas sobre a Atención á Diversidade " nas que poderán participar tanto pais e nais de alumnos como profesorado ou calquer persoa interesada.
Terás ao teu dispor servizo gratuíto de ludoteca, canguraxe, cátering...
Máis información e inscrición nas ligazons inferiores.
O Profesorado que participe, poderá apuntarse tamén a través do CEFORE e terá un recoñecemento en horas. Rógase que ademáis de apuntarse a través do Cefore se faga tamén no formulario de inscrición que está na ligazón inferior.
INFORMACIÓN INSCRICIÓN LISTADO DE INSCRITOS