Concurso de Problemas de Lóxica e Enxeño
CONCURSO DE PROBLEMAS DE LÓXICA E ENXEÑO
O departamento de matemáticas do “IES Agra de Raíces” quere animar a todo o alumnado e persoal do centro a participar nun concurso anual de resolución de problemas, onde ademais de mostrar un dominio dos conceptos básicos da materia será preciso ter certa dose de lóxica e inxenio para resolver os problemas.
Neste curso volvemos a participar de forma conxunta e en colaboración co instituto IES Vecindario de Gran Canaria, de xeito que alternaremos problemas propostos polo noso centro con problemas propostos polo IES Vecindario.
Estableceranse tres categorías ou niveis:
- Categoría A: alumnado de 1º e 2º da ESO
- Categoría B: alumnado de 3º e 4º da ESO
- Categoría C: alumnado de 1º , 2º de Bacharelato, Ciclo Formativo e Persoal do centro.
Cada 15 días, colgarase nesta WEB o un problema para cada a categoría A e a categoría B, que o alumnado terá que resolver e facer chegar o departamento de matemáticas dentro do prazo establecido. Na resolución dos problemas (onde se deberá indicar curso, grupo e nome e apelidos) valorarase a explicación e creatividade do procedemento seguido para a resolución dos problemas así como a orde e limpeza do mesmo.
Para a categoría C, colgaremos nesta WEB unha folla de cálculo con 50 imaxes que o alumnado terá que asociar con un matemático ou matemática. Esta folla de cálculo será descargada, e unha vez resolta (total ou parcialmente) farase chegar ao departamento. VER FICHEIRO(folla de cálculo)
Ao término do concurso o alumnado con mellor puntuación recibirá un pequeno agasallo como recoñecemento á súa participación
Ver Problema 1 Ver Solución Ver Resultados Provisionais
Ver Problema 2 Ver Solución2 Ver Resultados Provisionais
Ver Problema 3 Ver Solución3 Ver Resultados Provisionais
Ver Problema 4 Ver Solución4 Ver Resultados Provisionais
Ver Problema 5 Ver Solución 5 Ver Resultados Provisionais
Ver Problema 6 Ver Solución 6 Ver Resultados Provisionais
Ver Problema 7 Ver Solución 7 Ver Resultados Provisionais
Ver Problema 8 Ver Solución 8 Ver Resultados Provisionais
Ver Problema 9 Ver Resultados Provisionais
Ver Problema 10 Ver Solución 10 Ver Resultados Provisionais
Ver Problema FINAL Ver Solución Problema Final Ver Resultados Finais
Unha vez rematado o concurso de problemas de lóxica do curso 2018/19, o departamento de matemáticas quere felicitar a todos/as alumnos/as que participaron no mesmo, e en breve se porá en contacto con tres primeiros/as clasificados/as de cada nivel para facerlles chegar un pequeno agasallo.