ENTREGA DE PREMIOS DOS RETOS DE POLOS CREATIVOS
Este venres 2 de xuño, tivo lugar na Cidade da Cultura a entrega dos premios dos “Retos de Polos Creativos” nas diferentes categorías aos mellores proxectos presentados.
O noso centro participou cun traballo sobre a Construción dun Reloxo de Sol de Cuadrante Ecuatorial que resultou gañador na categoría de Mellor Material Científico-Matemático.
Ata alí desprazouse unha pequena representación formada por 5 alumnos e alumnas de 3ºESO, que ademais de recoller dito galardón de mans do Conselleiro de Educación Román Rodríguez, expuxeron e explicaron o seu traballo a tódolos asistentes de xeito que aqueles que así o desexaron puideron construír alí mesmo o seu propio reloxo de sol.
Toda unha experiencia para este alumnado, que soubo presentar de xeito sobresaliente e moi didáctico este proxecto a tódalas persoas que nos visitaron.