Campo a través
O 25 de xaneiro un grupo de 18 alumnos e alumnas de 1º ESO participou na proba local de Deporte escolar de xogade no circuito de San Paio do Refoxo en Cee onde foron acompañados polos profesores do Dep. de Educación Física Hipólito Santabaya e Chano Sanmartín.
Parabéns para todos, especialmente para Lucía Ramos Pose e Fabián Paz Trillo que se clasificaron en categoría infantil para a Fase Intercomarcal de Campo a Través XOGADE, que se celebrará en Noia o vindeiro 15 de Febreiro.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Campo a través.jpg | 340.13 KB |