Skip to Content

blogue deDirección

Matrícula ESO e Bacharelato curso 2023-2024

O prazo da matrícula ordinaria para o curso 2023-2024 comeza o día 27 de xuño e remata o 6 de xullo. Para evitar aglomeracións, pregamos que se respecte o seguinte calendario, en horario de 09:30 a 13:30 horas:

  • 27 de xuño: 2º BAC
  • 28 de xuño: 1º BAC
  • 29 de xuño: 4º ESO
  • 30 de xuño: ESO
  • 3 de xullo: 2º ESO
  • 4 de xullo: 1º ESO

O alumnado que pode matricularse é aquel que promociona ou titula, a pesar de ter materias suspensas na avaliación final. 

Así mesmo, haberá que entregar a seguinte documentación, xunto co formulario da matrícula, na Administración do centro:

  • CERTIFICACIÓN ACADÉMICA (ALUMNOS/AS DOUTROS CENTROS, AGÁS OS PROVENIENTES DO CEIP VILA DE CEE).
  • FOTOCOPIA DO DNI DO ALUMNO/A E DOS PAIS/NAIS OU TITOR/A LEGAL.
  • FOTOCOPIA DA TARXETA SANITARIA.
  • SEGURO ESCOLAR 1,20 € (ALUMNADO DE 1º E 2º DE ESO EXENTOS).
  • 4 FOTOS TAMAÑO CARNÉ.
  • Impreso de AUTORIZACIÓNS debidamente cuberto e asinado. 

Achéganse, como documentos adxuntos, os impresos de matrícula, que poderán ser descargados e cubertos. 

Entrega de premios da Olimpiada de Química

A Universidade de Vigo acolleu o pasado venres a entrega de galardóns e diplomas a gañadores e participantes de XL Olimpiada Galega de Química.

Entre os participantes atopábase o noso alumno José Manuel Domínguez que xunto aos demais participantes visitaron os laboratorios da Facultade e recibiron os seus galardóns.

 

 

 

ABAU 2023

Nestes dous documentos podedes consultar o calendario das ABAU 2023 así como os documentos que tedes que traer ao exame.

HOMENAXE CONCHA BLANCO

O pasado martes 16 de maio, o IES Agra de Raíces rendeu homenaxe a unha das escritoras máis importantes da literatura galega, a ceense Concha Blanco. Concha Blanco combinou durante moitos anos a súa faceta literaria co seu labor de docente xa que, aínda que agora estea retirada, a autora formou parte da comunidade educativa do Raíces impartindo clases de Lingua e Literatura Galega durante varios anos.

Despois de impartir unha charla ao alumnado de 1º de Bacharelato, onde fixo un percorrido pola súa traxectoria literaria e o proceso creativo, a dirección do IES Agra de Raíces xunto co equipo da Biblioteca, rendéronlle unha homenaxe bautizando a biblioteca co seu nome.

A autora descubriu unha praca conmemorativa deseñada pola xefa do departamento de Debuxo do centro e realizada en impresión 3D con materiais do proxecto Polos Creativos, no que está inmerso o Raíces. Ademais, o alumnado fíxolle entrega dun ramo de flores. A autora, moi emocionada, agradeceu o acto e agasallou ao alumnado con exemplares da súa obra.

 A dirección do IES Agra de Raíces valorou a figura de Concha Blanco como un referente para Cee, a Costa da Morte e toda Galicia, pola súa contribución ás letras galegas. 

PREMIO EXTRAORDINARIO BACHARELATO 2022

O noso alumno Mateo Pérez Soto brillou na entrega dos premios extraordinarios de Bacharelato, levada a cabo no museo da Cidade da Cultura, Santiago de Compostela, o pasado 12 de maio, recibindo o seu diploma de mans do Presidente da Xunta, don Alfonso Rueda. Unha vez máis, un alumno do noso centro consegue este galardón.

Este recoñecemento súmase aos premios que acadou ao longo do pasado ano. A súa xenialidade fai parecer sinxelos estes fitos que vai sumando; porén, non debemos esquecer a excepcionalidade dos seus logros, que son fruto do seu inxente traballo e que están á man de moi pouca xente.

 

A esta inmensa capacidade académica súmase unha extraordinaria dimensión humana, que fai del un grande compañeiro, un marabilloso alumno e unha persoa admirable.

A comunidade educativa do IES Agra de Raíces quere facer chegar os seus parabéns a Mateo. Sentímonos agradecidos por ter coincidido con esta magnífica xeración de alumnado, da que Mateo actúa como vangarda.

Bravo, Mateo!

O 8 M no Agra de Raíces

Aquí podedes ver a montaxe feita polo Departamento de Orientación coas fotos feitas o 8 de marzo.

O teu navegador non soporta este vídeo.

THAT'S ENGLISH. Datas de exames de maio - xuño 2022

As datas dos exames de That's English son as seguintes:

A2

Recuperación A2.3: martes 2 de maio 12:15 horas IES AGRA DE RAÍCES

Certificación: 24 de maio IES FERNANDO BLANCO

Extraordinaria A2.3: martes 6 de xuño 12:15 horas IES AGRA DE RAÍCES

 

B2

Recuperación B2.1: venres 5 mario 09:20 horas IES AGRA DE RAÍCES

B2.2: xoves 25 de maio 10:30 horas e venres 26 de maio ás 9:20 horas IES AGRA DE RAÍCES

Extraordinaria: venres 9 de xuño ás 9:20 horas e xoves 15 de xuño ás 10:25 horas IES AGRA DE RAÍCES

Día do libro 2023

Os integrantes do Club de lectura Libros como area desexanvos un feliz Día do libro 2023

O teu navegador non soporta este vídeo.

LONDON 2023

O pasado mes de marzo, o alumnado de 4º da ESO do IES Agra de Raíces de Cee, acompañado polos profesores Fernando Casanova, Manuel Maneiro, Ana Salanguera e Alejandro Sanmartín, viaxaron durante cinco días a Londres retomando deste xeito a excursión de fin de etapa tras o parón causado pola pandemia.

 

Durante os cinco días que durou a viaxe, os rapaces tiveron a oportunidade de coñecer os lugares máis emblemáticos da cidade: Piccadilly Circus, Leicester Square, Regent e Oxford Street, Green Park, Buckingham Palace, St James's Park, Westminster, Houses of Parliament and Big Ben, London Eye, Dowing Street, Trafalgar Square, Covent Garden, Tower of London, Camden Town, Tate Modern, St Paul's Cathedral...  

 

 

 

Gozaron dunha ruta en barco dende onde apreciaron as vistas máis bonitas da cidade, como a fachada do teatro de Shakespeare, The Globe; os rañaceos do centro da City

 

 

Algún deles tamén visitaron o estadio de Chelsea - Stamford Bridge- mentres outros ían ao Museo de Historia Natural e aos míticos grandes almacéns Harrods.

 

 

 

 

Tras catro días de longas camiñatas, a viaxe rematou coa visita ao Museo Británico, onde puideron ver ,entre outras cousas, a pedra Rosetta, as Nereidas, as salas das momias

 

 

 

 

Representante do Agra de Raíces na Olimpiada de Química

O noso alumno Jose Manuel Domínguez de 2º de bacharelato participou nas probas da XL edición da Olimpiada Galega de Química na sede de Santiago de Compostela celebradas o venres 10 de marzo.

Tras preparar as probas coa profesora Mª José Pena fixo un dignísimo papel premiando o seu esforzo, parabéns José Manuel.

Distribuir contido


by Dr. Radut