Daniel Ferradás Lema de segundo da ESO consegue situarse como décimoterceiro a no ámbito do Estado entre case 6000 alumnos e alumnas que se presentaron na súa categoría.
O concurso do Canguro Matemático está organizado por la Federación Española de Sociedades de Profesorado de Matemáticas, no que pode participar alumnado de Educación Secundaria, Bacharelato, así como alumnado de Ciclos de Grao Medio ou Superior de calquera centro educativo, publico, privado ou concertado. Neste edición contaron cunha participación de case 25000 estudantes de toda España. A proba consistía en responder a trinta preguntas tipo test con cinco posibles respostas en menos de 75 minutos, as dez primeiras son máis ou menos sinxelas, as dez seguintes de nivel medio-alto, e as dez últimas moito más complicadas son as que permiten unha maior puntuación.
Cabe mencionar que non é a primera vez que este alumno destaca neste concurso, pois xa obtivo unha posición similar na edición anterior.
O profesorado do departamento de Matemáticas do IES Agra de Raíces, quere felicitar tamén ao resto de alumnado de 2º ESO que se animou a participar nestas probas e asistiu a diversos talleres de preparación.