Skip to Content

ADMISIÓN ALUMNADO

INFORMACIÓN

Se abre el plazo para solicitar plaza en el instituto para todo el alumnado que cambia de etapa, en particular para todo el alumnado de los centros adscritos.

SOLICITUDE DE ADMISIÓN 2021- 2022 (1–22 marzo 2021)
Normativa: Decreto 254 de 13/12/2013, Orde de 12/3/2013 de admisión de alumnado (DOGA Nº 53 de 15/3/2013) modificada pola Orde de 25/1/2017 DOGA Nº 22 de 1/2/2017) e a orde do 18 de decembro de 2020 (DOGA Nº256 de 22/12/2020)

DOCUMENTACIÓN QUE DEBE ENTREGAR COA SOLICITUDE:
 Solicitude (do 1 – 22 de marzo - Anexo II - ED550B) será única (poderá anularse mediante a presentación dunha nova, indicando por escrito, dentro do prazo de admisión). Estará asinada por calquera dos titulares da patria potestade. En caso de separación ou divorcio estará asinada polos 2 proxenitores, salvo:
 - que a patria potestade estea atribuída en exclusiva a 1 deles, o violencia de xénero,
 - motivo xustificado por calquera medio de proba admitido en dereito
 Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a. (Copia DNI do alumno/a ou Libro de familia, no seu defecto)
 Certificado oficial do expediente académico.
 Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio (se é o caso)
 Documentación que acredite ter necesidades específicas de apoio educativo en 1º de ESO (de ser o caso).
Estas solicitudes remitiranse á Xefatura Territorial en 10 días hábiles desde a súa presentación, xunto á avaliación psicopedagóxica inicial do equipo de orientación (Art. 38)
 Toda a documentación deberá se orixinal ou copia cotexada.
 As solicitudes duplicadas, as presentadas fora de prazo, as que conteñan datos que non se axusten ás circunstancias reais do alumno/a e as que estean acompañadas por documentación que reflicta datos que non se axusten ás circunstancias reais. remitiranse inmediatamente á Xefatura Territorial de A Coruña.
 INFORMACIÓN (Art. 13.2.d, Orde 12/32017):
1º. Cada alumna/o só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
2º. O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
3º.O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 DOCUMENTACIÓN PARA BAREMO (ata o 8 de abril incluído)
Non é necesario presentar a documentación acreditativa seguinte, salvo que denegue a súa consulta (o programa informático comprobará esa información ao rexistrar as solicitudes de admisión):
o Domicilio fiscal e Declaración do imposto sobre a renda, (no caso de que non fixera a declaración da renda de 2019, deberá presentar, en prazo, o certificado de imputacións de renda, que se solicita en Facenda.
o Condición de familia numerosa, expedida pola Xunta de Galicia. Se é de fora de Galicia, sí se presenta. o Discapacidade do alumnado, proxenitores, titores ou irmáns, recoñecida pola Xunta.
 Si é necesario presentar: A presentación da documentación xustificativa do baremo non é obrigatoria, pero non presentala supón a valoración de 0 puntos no correspondente baremo marcado na solicitude. (Art. 17 Orde 12/3/2013):
o Fotocopia completa do libro de familia
o Certificado do padrón municipal expedido no 2021, (residencia mínima 1 ano). A aplicación informática comprobará a coincidencia dos datos do padrón cos datos fiscais. Outros casos ver Art. 22. o Contrato de traballo e certificado da empresa ou alta en AEAT e SS (autónomos) ou relación funcionarial, para o caso de proximidade do centro de traballo ao centro escolar.
o Certificado de imputacións de renda, e no seu defecto declaración xurada dos ingresos do 2019.
o Contrato de traballo ou relación funcionarial, no caso de proxenitor ou representante legal que traballe no centro IES Agra do Orzán.
o Xustificación de familia monoparental. certificación expedida pola DX de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social, da Xunta de Galicia.

Dirección de la aplicación admisiónalumnado:

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

 

O noso IES participa no Concurso internacional de Haikus en francés convocado pola FIPF

Dise en xeral que nunha forma poética tan curta como o Haiku xaponés cabe, na súa brevidade, toda a inmediatez e/ou a totalidade da vida.

Lembra que un Haiku ten características así de sinxelas:

É unha forma moi curta, case que unha visión directa, non rebuscada. Os versos son IMPARES (cousa que séculos depois do seu invento reinvindicou tamén o poeta francés Paul Verlaine: “ De la musique avant toute chose” en Art poétique).

Lembra que non se teñen que conxugar os verbos se non queres. Para certo Budismo xaponés, o tempo non existe. Só o instante presente. É o concepto do mundo flotante. Que apenas entrevisto na súa beleza, se desagrega, como a flor máis fráxil debaixo do dedo.

Lembra que inclue un kigo ( 季語 ), que alude indirectamente á unha tempada (esta palabra pode evocar unha foita, unha árbore en flor, calqueira planta, as primeiras neves, a neve de primavera, un animal, a cor da posta de sol en agosto, etc.)

Lembra outra vez por fin que é unha forma moi, moi breve (17 sílabas, tres versos 5/7/5), como a vida mesma, é que iso pode ser sorprendente para algún/algunha poeta occidental, que cultiva as veces formas moi, moi longas. E non tes que respectar a sintaxe tradicional nin que pareza unha frase “completa” e pode usar o guión medio longo – (tecla alt e guión medio no teclado). Pode ser como o flash da túa cámara do móbil, ou unha visión en soño.

O Departamento de francés convídate a participar nun concurso internacional de Haikus en lingua francesa convocado por PROFFF e a Comisión do Oeste da FIPF de Haïkús. Hai varias categorías para alumnado A1, A2, B1, B2 e profesorado.

ÁNIMATE COA BELEZA FUGAZ DO INSTANTE ESCRIBINDO UN HAÏKU SINXELO.

Pide axuda ou consellos a Louise, Raquel, María ou François.

Se non os coñeces, fala tamén con Marta de Francés, Milagros de Relixión ou Iolanda de Galego. 

HORARIOS ESPELLO

Tendes á vosa disposición no enlace achegado os horarios espello. Estes horarios son os que funcionarán no caso dun confinamento xeralizado.

 

HORARIOS ESPELLO

DISTRIBUCIÓN Y SOLICITUD DE MASCARILLAS PARA ALUMNADO DE LA ESO

Informamos a las familias que en el DOG del viernes 13 de noviembre, se ha publicado la “ORDE 6 de novembro” que regula la solicitud de mascarillas para el alumnado matriculado en educación secundaria obligatoria.


Serán beneficiarios automáticos y por lo tanto no tendrán que presentar ninguna documentación,  los alumnos beneficiarios del Fondo de libros que obtuvieron el cheque para material (familias con renta per cápita igual o inferior a 6.000€).


Deberán presentar la solicitud los padres, madres, tutores o representantes legales del alumnado que no presentó solicitud del fondo de libros en tiempo y forma o que resultó excluida, siempre y cuando la renta per cápita sea inferior a 6.000€.


Las solicitudes deberán presentarse en el centro hasta el día 26 de noviembre.
Adjuntamos la orden publicada en el DOG (anexo)


Procedemento ED330E (sede electrónica Xunta de Galicia): https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330E&ano=2020&numpub=1&lang=es

 

Distribuir contido


by Dr. Radut