Skip to Content

ADMISIÓN DE ALUMNADO - CURSO 2024-2025

INSTRUCIÓNS DA DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E RECURSOS HUMANOS SOBRE O DESENVOLVEMENTO DO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS PARA O CURSO ACADÉMICO 2024-2025.

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES ORDINARIAS DE ADMISIÓN

 

 

Do 1 ao 20 de marzo de 2024 (ambos incluídos)

 

 

As familias poderán presentar as solicitudes de admisión do alumnado de xeito presencial (formato papel) no centro educativo de primeira elección ou de xeito electrónico (formato dixital) a través da aplicación (modelo ED550B):

  

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

 

Está publicado no taboleiro do centro a relación de vacantes.

A existencia dunha solicitude de admisión presentada en prazo sen renunciar expresamente á anterior e, así mesmo, a existencia dunha solicitude de admisión sen ter renunciado á praza reservada a 28 de febreiro (este incluído) poderán ser causa de perda do dereito a participar no procedemento nos termos previstos no punto 3.4 da Instrución. 

Máis información na Instrución.



page | by Dr. Radut