Skip to Content

CERTIFICACIÓN DE IDIOMAS_CURSO 2023-2024

PROBAS GRATUITAS DE ACREDITACIÓN DO NIVEL LINGÜÍSTICO DO ALUMNADO DE 4º ESO E BACHARELATO EN CENTROS PÚBLICOS DEPENDENTES DA CCEFPU

O obxectivo principal destas probas é acreditar a competencia en lingua estranxeira do alumnado, nos niveis de competencia B1, B2 ou C1, descritos no Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas do Consello de Europa, segundo corresponda.

As probas que realizará o alumnado serán do nivel B1, B2 ou C1 segundo o decida o alumnado, coa orientación do seu profesorado de lingua estranxeira (preferentemente a que curse como primeira lingua estranxeira), e terá que ser unha das probas recollidas no Anexo da Orde do 21 de xuño de 2016, ou proba análoga que conte co mesmo recoñecemento internacional e siga os mesmos estándares de calidade.

As probas realizaranse durante o curso escolar 2023-2024.

Unha vez publicada a resolución definitiva de centros seleccionados, se a dotación económica que recibe o centro non fose suficiente para cubrir todas as demandas do alumnado interesado, os centros educativos seleccionarán ao alumnado segundo criterios públicos, transparentes e obxectivos, dos que se informará ao claustro e que se aprobarán no consello escolar.

Cada alumno/a poderá matricularse nunha única proba dunha lingua estranxeira, que será preferentemente a que curse como primeira lingua estranxeira.

Co fin de identificar ao alumnado interesado en participar nas probas, deberán cumprimentar unha solicitude de participación con data límite 27 de outubro.

A presentación desta solicitude non implica que o alumnado poida facer a proba, xa que o centro ten que ser seleccionado pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, e unha vez o sexa, en función do número de solicitudes, os fondos asignados poderían non ser suficientes para todo o alumnado inscrito.

Enlace á solicitude AQUÍ

Enlace á Resolución AQUÍ

Enlace á Orde AQUÍ

 



page | by Dr. Radut