INTRODUCCIÓN

A finais do s.XIX as potencias europeas lanzáronse á conquista de novas terras movidos por unhas causas e cuns determinados obxectivos. Constituíron extensos dominios coloniais que explotaron económicamente e controlaron políticamente. Cales foron eses imperios? Que territorios abranguían?

Todas estas cuestións e outras máis son as que ides descobrir e sobre as que tedes que investigar. Ides elaborar os vosos propios apuntes sobre este tema.

MATERIAL NECESARIO: Archivador, libreta ou folios máis un mapamundi político mudo ou papel vexetal.

TAREFAS

Tedes que elaborar uns apuntes sobre o Imperialismo e Colonialismo que vos servirá para usar o día da proba escrita. Tedes que ter os seguintes apartados:

TAREFA 1

Buscar unha definición de IMPERIALISMO e outra de COLONIALISMO. Que diferencias existen entre estes dous termos?

TAREFA 2

Enumerar as causas que levaron as potencias europeas a crear grandes imperios coloniais

Traballo sobre textos: Jules Ferry e Cecil Rhodes.

TAREFA 3

Investigar sobre as primeiras exploracións xeográficas
Quen dixo e por que... "O doutor Livingstone, supoño"

TAREFA 4

Analizar como se organizaban os territorios conquistados

TAREFA 5
Investiga sobre os Imperios coloniais:
-Cales foron os imperios coloniais e por onde se expandiron
-Que foi a Conferencia de Berlín, cando e por que se celebrou, e que decisións se adoptaron.
-Analiza os grandes Imperios colonias (Británico e francés) anota a súa extensión e poboación, territorios conquistados e cales foron os seu obxectivos.
Elaborar un mapa cos Imperios coloniais. Opcións:
-Calcar en papel vexetal o do libro (páx. 121)
-Fotocopiar ou imprimir un mapa cos Imperios coloniais e marcar en cores os territorios adquiridos polas principais potencias: Gran Bretaña e Francia

TAREFA 6

Anota as consecuencias da colonización. Podes anotalas desde dúas perspectivas distintas, elixe a que prefiras:

-Ben por ámbitos
-Por territorios

TAREFA 7

Mirade xuntos unha película relacionada co Imperio que tedes que investigar en completades a ficha de análise cinematográfico xuntos.

PROCESO

En primeiro lugar ides formar grupos de 4 persoas, cada membro do grupo realizará individualmente os pasos iniciais:

Definición de Imperialismo
Causas do Imperialismo
Primeiras exploracións
Organizacións dos territorios conquistados
Elaboración do mapa

Ides traballar en clase durante 5 sesións de 50 minutos.

No apartado dos Imperios tivestes que realizar o das grandes potencias individualmente, respecto aos demais ides traballalos en grupos de 4

OUTROS IMPERIOS EUROPEOS

ALEMANIA
ITALIA
HOLANDA e BÉLXICA
ESPAÑA e PORTUGAL
RUSIA
OS IMPERIOS EXTRAEUROPEOS (EEUU e JAPÓN)

A idea é que cada un explique a parte que lle tocou no reparto aos compañeiros de grupo.

Tedes que contemplar os seguintes apartados:

1-Extensión
2-Poboación
3-Obxectivos
4-Territorios do Imperio
5-Principal ou principais colonias
6-Problemas ou conflitos con outros países

RECURSOS

Recursos tic - http://recursostic.educacion.es/secundaria/edad/4esohistoria/quincena6/index_quincena6.htm
Educastur - http://blog.educastur.es/profesorfreije/la-edad-moderna/tema-1/tema-2/tema-3/tema-4/tema-5/
Educamadrid - http://www.educa2.madrid.org/web/educamadrid/principal/files/102309f3-e748-43aa-b545-3ae04a79ec3c/06_La%20%C3%A9poca%20del%20Imperialismo.pdf
Mapa conceptual do tema - http://www.claseshistoria.com/c-maps/mapa-imperialismo.html
Apuntes sociais - http://www.iesfraypedro.com/files/sociales/colonialismo-imperialismo.pdf
Apuntes IES F.Santana - http://iesdrfdezsantana.juntaextremadura.net/web/departamentos/ccss/1Bachill/Colonialismo.pdf
Conceptos - http://diferenciaentre.info/diferencia-entre-imperialismo-y-colonialismo/
Causas e consecuencias - http://3.bp.blogspot.com/--jqTtmL8O00/USndKQj9HsI/AAAAAAAAGP0/w6gEDGC9P7w/s1600/Imperialismo.jpg
Primeiras exploracións - http://joseluistrujillorodriguez.blogspot.com.es/2012/11/expediciones-de-exploracion-africa.html
- http://joseluistrujillorodriguez.blogspot.com.es/2012/11/el-doctor-livingstone-supongo.html
Formas de dominio - http://historiadelmundocontemporaneo.files.wordpress.com/2007/12/ut5-imperialismo-formas-de-dominio-0_1.jpeg
Conflitos e rivalidades - http://2.bp.blogspot.com/--S_UTB87NI4/USndKBRhu7I/AAAAAAAAGPw/5-qgPZmiHRw/s1600/ConflictosantesIGM.png
O reparto do mundo - http://www.claseshistoria.com/imperialismo/imperioscoloniales.htm
Imperialismo colonial en África - http://www.profesorfrancisco.es/2009/11/imperialismo-colonial-en-africa.html
Imperialismo colonial en Asia - http://www.profesorfrancisco.es/2009/11/imperialismo-colonial-en-asia.html
Webquest (recursos)Descripción - http://enlace

EVALUACIÓN

Unha vez elaborados os apuntes realizaremos unha proba escrita sobre o tema en clase. Ides levar os apuntes elaborados para facer a proba. Pode ser sobre textos, mapas ou preguntas sobre o tema

CONCLUSIÓN

Para calquera opinión sobre o proceso de aprendizaxe deste tema ou calquera outra cuestión. Escribide un correo á seguinte dirección: aulameg@gmail.com

Última modificación: Xoves, 14 de Xullo de 2016, 11:22