*Solicitar credenciais (usuario e contrasinal) na biblioteca.
A nosa biblioteca está situada na planta baixa do centro, accesible desde o vestíbulo e conta con diferentes espazos de lectura e traballo.
Equipo
Durante o curso 2023-24, o équipo da biblioteca está formado por Gema Cilleros Cembellín, Pilar Espido Lata, Beatriz Fernández Cortizas, Inés Sánchez Pereiro, Iria Caamacho Souto, Marián Filgueiras Lavariñas, Isabel Gómez Rodríguez, Ana Regueira Rodríguez, Carmen Tembrás Alonso e Montserrat Llamas Blanco (coordinadora). Contamos tamén cun equipo de alumnado axudante voluntario.
Proxectos
En todos os anos de vida do centro a biblioteca ten pasado por diferentes etapas. Neste momento, e desde o ano 2014, participamos no Plan de mellora de bibliotecas escolares (PLAMBE), da Xunta de Galicia.
Contamos con varios grupos dentro do programa
Clubs de Lectura, coordinado por Gema Cilleros Cembellín e xestionado por profesorado de distintos departamentos: club de lectura de ciencia, de francés, de inglés, de lectura dramatizada, de textis, de adultos e de lecturas xerais.
Tentamos traballar en proxectos de colaboración cos distintos departamentos, nomeadamente o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, e desenvolver actividades en prol do fomento da lectura e a alfabetización do uso da información.
Os nosos espazos están en constante evolución, para adaptarse ás diferentes propostas de cada ano. A continuación podedes facer un percorrido visual por algúns deles
aquí.
As biblioteca está dispoñible para préstamos durante o tempo de lecer dos recreos e se atopa dispoñible para o seu uso facendo reservas no libro que se atopa na biblioteca. O profesorado de apoio atópase dispoñible na biblioteca segundo o seguinte horario:
Plan anual