Skip to Content

Blogues

Magosto 2017

Dentro dos actos do Samaín, o 31 de outubro celebramos o Magosto. Para isto, contamos con Quico Cadaval e Marga Alborés, quen nos falaron da Roda Celta do ano e contaron historias de difuntos.

Pola tarde celebramos unha competición de bolos celtas, tiro de corda, zancos, billarda, chave…

Houbo un obradoiro de maquillaxe terrorífica e, como non, castañas asadas que fixeron Eduardo e Richard.

 

Comezo de curso con premios e novas actividades

O Curso 2017/18 comezou cun recoñecemento: o 3º Premio Proxecta que outorga a Consellería de Educación. Dánnolo pola traxectoria de traballos multidisciplinares e innovadores dos últimos 5 anos: Donas de si (mulleres emblemáticas do noso país); Reduciclando (Recíclate con SOGAMA); Tícaras (mozas emprendedoras nas TIC); Fasquía (Nós tamén creamos - Fotografía).

 

Ademais, en tanto que gañadores do premio ó mellor guión no Festival Audiovisual Olloboi 2017, fomos convocados polo Festival Internacional Curtocircuíto para proxectar a nosa curta: Máis che vale non ser ti.

Este ano comezamos andaina cun multiproxecto que nos fai repensar o uso que lle damos ó tempo libre, tanto o que pasamos coa xente que queremos como o que adicamos á natureza. Ó abeiro deste concepto imos desenvolver varios Proxecta (Faite eco do lóxico - Aliméntate ben-; Tícaras 2 -Mozas emprendedoras nas TIC -; Milla Diaria - Proxecto Educativo de Centro).

Para ir comezando, desde Orientación e en colaboración co Concello de Boiro propuxéronnos unha serie de charlas sobre economías locais sostibles: mentoring creativo con La Doce, neste caso.

Nova app do insti

O alumnado de Tecnoloxía de 4ºESO (concretamente Fernando Miranda e Álex Castro) deseñou esta app que podedes descargar de Drive para ter no móbil toda a información da Cachada: vídeos, fotos, artigos da revista, información lexislativa, concursos...

Quencendo motores para STARgal

O proxecto que hibrida novas tecnoloxías e uso do galego xa está tomando forma, podedes botar un ollo ó noso blog e descubrir os "Cachafedelleir@s" (vídeos que nos axudan a facer desde unha caña de pescar a un barquiño autopropulsado), os Booktrailers (na sección "Máis ca palabras"), ou os novos programas de RadioCACH, do que vos achegamos un podcast sobre Internet of Things que crearon Ainhoa, Laura, Gabriela e Gisela de 3ºA.

Apostando polo futuro!

Experiencia PIALE Xoán Castelao

O noso compañeiro Xoán Fernández Castelao quere compartir con toda a comunidade educativa a súa experiencia da estadía formativa PIALE 2016 no Canadá.

Distribuir contido


by Dr. Radut