Skip to Content

Blogues

Este nadal, regala tempo

Durante os meses de novembro e decembro, o noso alumnado estivo traballando nun regalo para un macro Amig@ Invisible.

Aproveitando o temario de materiais, a xente de 2º fixo un xoguete de madeira e metal con elementos reciclados, e a de 3º un regalo téxtil. Así contribuímos a loitar contra o consumismo navideño e os consecuentes estereotipos de xénero (mirade o lapiceiro ganchillado de Jaime ou a carteira de Alan).

O alumnado de 1º fixo un pequeno agasallo nas Titorías, e o de 4º un marcapáxinas en Relixión e Alternativa.

A milla diaria de Novembro

A nosa milla do mes de novembro triunfou tanto coma a milla que fixeramos no mes de outubro. Se os nenos e nenas seguen así, vanse convertir en auténticos atletas!!

Charla de Espiga para o Club de Ciencia (21/11/17)

Este curso foinos autorizada a creación dun Club de Ciencia, e imos desenvolver nel unha programación coherente co proxecto de centro A roda do ano: adicar tempo ó noso entorno, saúde e familia.

O primeiro proxecto do Club de Ciencia é repensar o lugar onde vivimos e o impacto que isto ten no entorno. Para isto, implementaremos un módulo bioclimático con técnicas de bioconstrución; instalaremos unha estación metereolóxica exterior e sensorizaremos a temperatura e presión interiores a fin de demostrar que estas técnicas construtivas son máis ecolóxicas e igual de eficientes que outras máis estendidas. Contaremos para facelo coa axuda do bioconstrutor experto Guido Tomasini, alemán residente no concello lugués de A Pontenova. Para comezar, hoxe martes organizamos para os participante no club unha charla-obradoiro a cargo da asociación de Arquitectura Espiga na que aprendimos materiais e técnicas de construción bioclimática e vimos moitos exemplos de vivendas galegas así feitas.

Visita a Santiago con 1ºESO, Sociais-Relixión; 7/11/17

O martes 7 de novembro os alumnos de 1º foron a Santiago De Compostela, onde puderon ver a Catedral, alí subiron ata a fachada para ver as fermosas vistas da cidade e explicar un pouco o lugar, tamén tiveron varias charlas e xogaron a algúns xogos cuns monitores. Para rematar á hora de comer foron ao centro comercial As Cancelas onde pasaron alí o resto da tarde.

Visita á Illa de San Simón, 6/11/17

O pasado martes 6 de novembro fomos á Illa de San Simón para coñecer un bo anaco da historia do noso país: a lírica galego-portuguesa, a batalla de Rande, a política de Lazaretos, o uso da illa como cárcere na Guerra Civil…

Illa de San Simón, 6/11/17

De paso, paramos para ver in situ as obras de ampliación da ponte de Rande: sabíades que é a primeira ponte de tirantes en ser desdobrada no mundo?

Así o conta Ana Pimentel, de 3ºD:

O pasado Martes 7 de novembro, os alumnos de 3º da ESO visitaron a Ponte de Rande, a Illa De San Simón e a vila de Pontevedra coa fin de que rapaces se achegaran á literatura galega medieval conectando a natureza coa literatura, se integraran nas diversas áreas de aprendizaxe e fomentaran o pensamento critico a partir dos diversos usos que tivo a illa.

Magosto 2017

Dentro dos actos do Samaín, o 31 de outubro celebramos o Magosto. Para isto, contamos con Quico Cadaval e Marga Alborés, quen nos falaron da Roda Celta do ano e contaron historias de difuntos.

Pola tarde celebramos unha competición de bolos celtas, tiro de corda, zancos, billarda, chave…

Houbo un obradoiro de maquillaxe terrorífica e, como non, castañas asadas que fixeron Eduardo e Richard.

E velaí as fotos da Semana!

Distribuir contido


by Dr. Radut