Skip to Content

Blogues

Un curso ben orientado!

Estamos rematando o curso e queremos deixar unha fugaz constancia do que estivemos facendo no insti. Como xa sabedes, desde Orientación traballamos un espazo de encontro mensual coas familias a través dun CP_Inclúe, centrado este ano na mellora da comunicación. 

Volvimos participar no Proxecto Enclave, que nos permitiu ter unha un programa de terapia psicolóxica gratuíta no centro (de mans de expertos e en colaboración co concello).

Entroutras actividades, organizamos unha formación sobre o abuso sexual a menores, impartida por AMINO.gal; creamos as I Xornadas de educación afectivo sexual; desenvolvimos un programa de Prevención de condutas aditivas con/sen sustancia; Obradoiro de prevención e intervención do acoso escolar, impartido por Exeria; Programa de regulación emocional, pola psicóloga Alba Castelo.

IMPRESOS MATRÍCULA 1º ESO curso 2023/20224

Adxunto cos arquivos para a solicitude de matrícula no curso de 1º ESO.

 

Clausura do CdC 22/23

Clausuramos o CdC deste curso o 5 de xuño, o #DíaMundialDoMedioAmbiente cunha charla do xeólogo da UdC @ArmandHernández. A conferencia ofreceuse ós 4°s e tiña por título “Viaxe a través da historia do clima da Terra: coñecer o pasado para entender o presente”. Unha forma moi didáctica de comprender historia da Terra e a natureza do #CambioClimático a partir de sedimentos, aneis das árbores, corais, estalactitas ou mostras de xeo.

NOVA SECCIÓN BILINGÜE EN LINGUA FRANCESA PARA A MATERIA DE MÚSICA EN 2º ESO

Ola! Para o próximo curso vaise poñer en funcionamento unha nova sección bilingüe en lingua francesa para a materia de Música no 2º curso da ESO. Podedes ler a seguinte infografía e se tendes dúbidas , dirixídevos aos departamentos de Francés ou de Música para resolvelas. Hai prazas limitadas!!!

 

OFERTA FRANCÉS 1ª LINGUA PARA O CURSO 2023-24

Bo día! E por que non escoller francés como primeira lingua estranxeira? Aquí veredes unha infografía explicativa. Se tendes dubidas ou inquedanzas non vos quededes con elas e contactade co departamento de francés para resolvelas. Vémonos!!!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut