Skip to Content

Blogues

Erro no ISBN libro Xeografía e Historia 1º ESO

Estimadas familias, advertimos dun erro no ISBN do libro de Xeografía e Historia de 1º ESO. O número correcto é o seguinte:

ISBN: 978-84-682-7326-6

 

 

Volve a Hora de Ler!

Como cada curso, volve a Hora de Ler!

A Hora de Ler é unha iniciativa que promove a lectura libre, individual e silenciosa durante o todo o curso escolar de forma repartida e equitativa. Se queres saber máis,  consulta a Guía da Hora de Ler.

Xa temos dispoñible o seu horario, consúltao para non esquecerte do teu libro.

 

A disfrutar da lectura!

HORA DE LER.png

HORARIO INICIO CURSO ESCOLAR 2023/24

O curso escolar 2023/24 comezará o vindeiro 11 de setembro en horario habitual. Todo o alumnado, desde 1º a 4º ESO, debe presentarse no centro en horario de 08:35 a 14:15 horas.

Haberá servizo de transporte coas paradas habituais. Poden comprobar a parada asignada na lapela transporte da aplicación abalar.

O alumnado poderá traer merenda e material como unha libreta e algún bolígrafo para tomar notas.

Os libros e os vales entregaranse ao longo da semana próxima e serán informados por abalar para pasar a recollelos.

CERTIFICADOS PROBAS DE NIVEL

O alumnado que se presentou aos exames de certificación de linguas estranxeiras e conseguiu superalos, poderá pasar a recoller o certificado oficial durante o mes de setembro xa que o instituto estará pechado durante o mes de agosto.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut