Skip to Content

Francofonía

A francofonía é un festival que se celebra todos os anos, co motivo de practicar francés, no que moitos centros de Galicia (polo momento) reúnense para cantar cancións en francés, bailalas, probar comidas francesas, debuxos e escritos en francés (acórdome de cando intercambiábamos as cartas…) e durmir cos outros institutos.

Este ano comezamos o luns cunha acampada no Pavillón de Vilanova de Arousa, onde se reuniron todos os cursos e institutos de moitos centros. Nesa acampada houbo discoteca con moita música (había moito ritmo na pista, incluso algúns institutos tiñan coreografías preparadas) e un cine antes de irse a durmir.

O martes, no Pavillón de Baión, comezou o gran espectáculo. Cancións, bailes, teatro... E todo en francés! Ademais de que contamos con dous presentadores excelentes (aínda que un deles rouboume o banco, pero que se lle vai facer...). As cancións eran do máis variadas, había un pouco de todo: cancións tristes, como Si de Zaz, alegres como Oh, ça ira e outras acompañadas de instrumentos, como a guitarra eléctrica e a acústica.

A partir do mércores, deixáronse uns periódicos nunha mesa do IES A Basella, todos eles en francés. Ata había algúns do tan famoso Charlie Hebdo!

E o venres, para culminar con esta Semana Cultural francesa, fíxose unha degustación de pratos típicos franceses. Que rico estaba o queixo de cabra con marmelada de tomate! Aínda que o que máis destacou foron as famosas crêpes, as galletas e a quiche.

 

Pois isto é todo, se viñestes este ano espero vervos para o seguinte, e os que non viñeran estades invitados!



page | by Dr. Radut