Bloque III: Materiais e recurso para o servizo
Neste bloque III presentamos recursos e materiais mínimos para poñer en marcha un servizo deste tipo. Así mesmo, sinalaranse as pautas a ter en conta para a elaboración de novos recursos. Aparece organizado en 3 temas:
- Tema 6: coméntanse os recursos e materiais para as fases 1,2,3. É dicir, dirixidos a sensibilizar á Comunidade Educativa, sobre a necesidade do servizo, orientados a valorar a súa integración nos plans do centro e pensados para realizar unha análise da convivencia no centro.
- Tema 7: preséntanse recursos para a fase 4 (a selección e formación dos/as mediadores/as).
- Tema 8: Neste tema comentaremos algúns nos materiais imprescindibles para o funcionamento e organización adecuada do servizo (fase 5). Finalmente para desenvolver as fases 6 e 7 (seguemento e avaliación do servizo) necesitamos dispoñer de recursos que faciliten os procesos de axuste, mellora e consolidación do mesmo; algúns recursos posibles serán mostrados neste tema.
Obra publicada con Licencia Creative Commons Reconocimiento Compartir igual 4.0