Saltar la navegación

Bloque II: Fases de implantación dun servizo de mediación

         Neste segundo bloque do curso reflexionaremos sobre como poñer en marcha, fase a fase, un programa de mediación escolar. Este servizo debe contemplarse no marco do plan de convivencia como un instrumento máis ao servizo dun modelo de convivencia positiva e democrática. Os pasos a seguir, para que se consolide nun centro educativo, será o obxectivo deste bloque, que dividiremos nos seguintes temas:

  • Tema 3: A sensibilización da comunidade educativa.
  • Tema 4: Os equipos de mediación e os/as mediadores/as.
  • Tema 5: A organización e avalición do funcionamento servizo.