Actividade 1.3 Sinopse

 

Para coñecer o contido da película sen desvelar ingredientes importantes, adóitase presentar un texto moi breve para que o espectador recoñeza claramente se pode ser do seu interese. Adoita aparecer na contracapa das caixas dos DVD, na información do teletexto, da televisión por cable, na carteleira da prensa escrita… Non se trata propiamente dun resumo, pero é parecido.

 

Para Alicia, Xabier e Vítor hoxe non é un día calquera, é o aniversario dun tráxico suceso que cambiou as súas vidas. Levan anos tratando de esquecer, pero as feridas seguen abertas e o pasado regresará para obrigarlles a pedir perdón.

"A pesar de todo, quérote" aborda as consecuencias dun accidente de tráfico na vida e nas relacións afectivas dun grupo de mozos de 20 anos.

 

 

Actividade grupal (toda a aula): Posta en común.

  • Á vista desta sinopse, a que tipo de público cres que lle pode interesar esta película?
  • Por que?