Actividade 1.1 Cartel e trĂ¡iler
Para presentarlle a película ao público os creadores poñen o foco nos elementos que queren destacar nela e que adoitan coincidir cos elementos que consideran que máis éxito van ter entre o público. Antes de ver a película, podemos observar o cartel e proxectar o tráiler (en calquera dos dous formatos) para ver que impresión nos suxire esta presentación.
Cartel
Tráiler
Trailer: A pesar de todo, quérote de Adivina Producciones en Vimeo. [ Fonte: http://vimeo.com/32957116. Duración: 1.04 min.]
[ Fonte: http://www.youtube.com/watch?v=5fI25pgJQW4 . Duración: 1.04 min.]
Actividade grupal (toda a aula): Posta en común.
Á vista destes dous elementos:
- Que impresión tes agora sobre a película?
- Que tipo de película cres que vai ser?
- Cres que che vai interesar?
- Conseguen os autores o seu obxectivo de conectar co público?