Saltar navegación

Os réptiles

Características

A pel dos réptiles ten escamas, escudos ou placas.

A maioría teñen dentes e son terrestres.

De Keta. Víbora de seoane (CC BY-SA)
Hai réptiles con catro patas como os lagartos ou as tartarugas e sen patas como as cobras e as víboras, presentes na fauna galega. Son precisamente as víboras, os animais máis peligrosos da comunidade polo seu veleno. As cobras non son velenosas.

A temperatura do seu corpo é variable. Adáptanse ao espazo natural no que habitan. En inverno poden aletargarse se o clima non lle é favorable. Dise que teñen sangue frío, pero non é moi exacto. En realidade obteñen o calor do exterior e poden alcanzar máís de 38 graos.

A súa respiración é pulmonar Algúns réptiles acuáticos tamén repiran pola pel.

A reprodución é por fecundación interna. Son ovíparos, nacen de ovos,  pero non os incuban, xa que a súa temperatura non chegaría para o desenvolvemento dos ovos. Hai algunha excepción, como a serpe pitón que si envolve os ovos co seu corpo para quentalos. Outros, coma os crocodilos, quédanse cerca da posta de ovos para defendelos dos depredadores. As tartarugas mariñas enterran os ovos nas praias e desenténdense deles e das crías.
Algúns réptiles, como a víbora, son ovovivíparos: Os ovos ábrense dentro do corpo da nai e nacen as crías vivas.

Saurios Lagartixas, iguanas, camaleón Crocodilianos Crocodilo, caimán, gavial
Quelonios Tartarugas, galápagos Ofidios Cóbregas ou serpes, anaconda
Imaxes: Sergio Palau (Dominio público)