Saltar navegación

Os peixes

Características

Os peixes teñen a pel con escamas ou dentículos. O seu esqueleto pode ser óseo ou cartilaxinoso.

GrahamBould (CC BY-SA)


Nos peixes as extremidades transformáronse en aletas.

A súa temperatura é variable segundo a das  augas  en que se atopen. O sangue é frío, é dicir, non é quen de quentar o corpo co sangue. O calor recíbeo do exterior.

Teñen respiración branquial,  obtendo o osíxeno que se atopa disolto na auga. Os peixes óseos teñen opérculo protexendo as branquias, os cartilaxinos teñen unhas aberturas que dan entrada a auga ata as galadas (branquias)

A grande maioría son ovíparos. Reprodúcense por fecundación externa. A femia deposita os ovos nos fondos mariños que logo serán posteriormente fecundados polo macho. Algúns tiburón son ovovivíparos. E unha minoría vivíparos, coma a quenlla.

Son animáis acuáticos, de auga doce ou salgada.

A maioría dos peixes posúe vexiga natatoria, que consiste nunha bolsa que se enche ou baleira de auga segundo o peixe queira afundirse ou sair á superficie. Controla a flotabilidade dos peixes.

Os peixes cartilaxinosos coma o tiburón branco ou a quenlla común, o peixe serra, o peixe martelo (tiburón martelo), as raias, ... non teñen vexiga natatoria. Controlan a flotabilidade muscularmente.

Esqueleto óseo Troita, perca, salmón, cabaliño de mar, sardiña, bacallau, pescada, dourada, robaliza, anguía
Esqueleto cartilaxinoso Tiburóns ou quenllas, raia, peixe serra
Sen mandíbula Lamprea
LadyofHats (CC BY)
Imaxes :Sergio Palau (Dominio público)

Peixe axul - peixe branco

Peixe branco e peixe azul é na realidade unha denominación comercial. Nas peixerías clasífícanos así para a súa venda. Uns son máis graxos que os outros.

O termo de peixe azul sería máis correcto empregando peixe graxo. Enténdese que os peixes que teñen unha determinada cantidade de  graxa no seu corpo (>5%) son azuis. Efectivamente teñen a pel moito máis escura, tirando a azul.

Peixes graxos que podemos atopar nas lonxas galegas son a xarda, o xurelo, a sardiña, o salmón, os salmonetes, a troita, a anguía, o congro, a castañeta e mesmo a lamprea.

Peixes medio graxos son a dourada e a robaliza.

Peixes brancos son a pescada, ollo mol, sargo, linguado, rodaballo, bacallau, faneca, abadexo ou peixe sapo.

Peixe azul ou graxo Peixe medio graxo Peixe branco