Saltar navegación

Os anfibios

Características

Os anfibios son vertebrados coa pel núa e húmida.

A maioría deles teñen extremidades, catro patas. No continente americano hai uns anfibios sen patas chamados "cecilias" que semellan lombrigas, pero poden chegar a medir máis de 40 centímetros.

 Temperatura variable, adaptándose ao espazo natural que habitan. Do sangue tampouco pode dicirse que sexa fría, pero non ten unha temperatura constante e quece ao calor do sol.

Sergio Palau (Dominio público)

Son ovíparos. A fecundación soe ser externa.A femia pon os ovos na auga e o macho fecúndaos. Os ovos non teñen cascarón como no caso das aves ou dos réptiles. Son transparentes e xelatinosos.

Sofren metamorfose. Dende o seu nacemento ata adultos pasan por distintas fases.
As crías nacen na auga (cágados) e respiran por branquias, mentras que de adultos viven na terra e na auga e respiran pola pel e por pulmóns.

Das píntegas, numerosas en Galicia,  dise, sen razón, que rezuman veleno.
Máis escasos son os tritóns.

Anuros Sapo, ra Sergio Palau (Dominio público)
Urodelos Salamántiga ou píntega, tritón Sergio Palau (Dominio público)
Ápodos
Cecilias
Franco Andreone (CC BY-SA)