Saltar navegación

As Aves

Características

A pel das aves está cuberta de plumas. A súa boca, non ten labios. Ten un peteiroo sen dentes.

Os peteiros das aves son moi variados e vannos a indicar cal é a súa alimentación.

A súas extremidades anteriores ou superiores transformáronse en ás.
As aves voan grazas aos movementos das súas ás, anque algunhas aves non son capaces de voar, como as avestruces ou os pingüíns.

As patas, igual que ocurría cos peteiros, están adaptadas ao medio no que se desenvolven. Hai aves rapaces prensoras con garras, acuáticas palmípedas con membranas entre os dedos, con esporóns para escarvar como as galiñas, ...

De Johns, C. A.; Visger, Jean Allen (Pinder) Owen (Dominio público)


O esqueleto é moi lixeiro, xa que os ósos son ocos. Ademáis, posúen, segundo a clase, de sete a quince bolsas ou  sacos aéreos, que están cheos de aire e facilítanlle o voo e a respiración, xa que están comunicados entre si e cos pulmóns, polos que respiran.

Teñen o sangue quente, que lles mantén o corpo a unha temperatura constante, invariable.

Son ovíparas, nacen de ovos, con fecundación interna. Os ovos son incubados polos pais e/ou nais.

Algunhas especies de aves son moi cucas: poñen os seus ovos nos niños dos veciños para que llos incuben e ademáis os alimente a familia adoptiva.

Páxaros Gorrión, xílgaro, anduriña, pega, bubela, canario, colibrí Trepadoras Cuco, rubideiro, peto real, peto verdeal
Galináceas Galiña, faisán, pavo, paspallás, perdiz Zancudas Cegoña, flamengo, avefría, garza
Columbiformes Pomba, rula Palmípedas Pato, pingüín, oca, cisne, pelícano

Rapaces:

  • Diurnas
  • Nocturnas
Miñato, aguia, voitre, moucho, bufo Corredoras Kiwi, avestruz, ñandú
Imaxes: Sergio Palau - http://www.arasaac.org