Expresión Corporal

Neste grupo de actividades imos intentar diferenciar e recoñecer a capacidade ou capacidades que se desenvolven en diferentes actividades de Expresión Corporal.

A Expresión Corporal
É a "Arte do movemento".
Linguaxe non verbal


  • XESTO


    Mensaxes que consciente ou inconscientemente transmitimos co noso corpo.


  • MIRADA


    Medio máis eficaz para comunicarnos.


  • ROSTRO


    Informa das nosas emocións.


  • POSTURA


    Mensaxes que transmitimos

    co noso corpo para realizar unha

    acción determinada.


  • DRAMATIZACIÓN


    Interpretar o que acontece ou nos rodea, non

    ten coma finalidade dar ningún espectáculo.



    Exemplo: Dar vida a un obxecto.

    Xogo de marionetas.


  • MIMO


    Arte de interpretar ou representar unha historia a

    través do xesto e o movemento coa particularidade de ter a cara pintada.






  • TEATRO


    Proceso creativo, lúdico, expresivo, en grupo coa finalidade de mostralo coma un espectáculo.


  • DANZA E BAILE


    Movementos que facemos co noso corpo que proceden do noso ritmo interno (en función do noso estado anímico) ou ritmo externo (a través da música).