Deportes Individuais

Neste grupo de actividades imos intentar coñecer e diferenciar o referente aos deportes individuais ou psicomotrices.
Aínda que coñeceremos deportes que ben podemos ver en retrasmisións deportivas, imos pouco a pouco adentrándonos naqueles cos que podemos convivir ou practicar nas nosas clases de EF.
Se ben haberá outros que se poden chegar a experimentar mediante saídas extraescolares co noso centro. Ben sexan actividades coma o kayak, sendeirismo, esquí e que veremos noutro tema.



O Atletismo trátase na súa maioría da composición de probas deportivas Individuais, aínda que existe algunha que outra que non cumpren esta regra, coma poder ser a carreira de relevos.

Pero nós imos tratar sobre as diferentes probas que o compoñen.

a) Probas de Carreiras.

b) Probas de Lanzamento.

c) Probas de Salto.