Saltar navegación

Deporte

DEPORTE?

Segundo a RAG  o deporte significa: Actividade que ten como fin o desenvolvemento das facultades físicas da persoa, practicada individualmente ou en equipo e suxeita ou non a unhas regras establecidas.

A RAE (Real Academia Española) considérao coma: Actividade física exercida coma un xogo ou competición na que a súa práctica supón adestramento e está suxeito a normas.

Cando este deporte se ríxe por asociacións, ou federacións denomínase Deporte Institucionalizado, que non é máis que ese deporte que moitos de vós practicades cos vosos clubes e nos que competides na fin de semana (fútbol, baloncesto, karate, taekwondo, atletismo, ciclismo, etc.)