As disolucións son sistemas homoxéneos que teñen varias substancias. Por ser sistemas homoxéneos, normalmente non poderemos observar que conteñen varios compoñentes. Así, se observamos un vaso de café con leite, aparece coa mesma aparencia en todo o vaso, pero sabemos que contén moitas substancias diferentes.

Existen varios procedementos para separar os compoñentes dunha disolución, aínda que o máis empregado é a destilación.