Os grupos consonánticos (e exercicios)
Os grupos consonánticos –pc- e –pt-:
Mantéñense estes grupos nos cultismos: aceptar,
opción.
Perden o primeiro elemento: adscrición, cativar, catividade, circunscrición, descrición, ditongo, inscrición, sétimo, setembro, setentrional, subscrición, transcrición, tritongo.
Os grupos consonánticos bl, cl, fl, gl, pl:
Escríbense con bl: blindar, bloque, blusa,
público, sublime…
Escríbense con cl: claro, claridade,
declarar, incluír, proclamar, reclamar…
Escríbense con fl: flan, flanela, flor,
flota, rifle…
Escríbense con gl: glaciar, globo, gloria…
Escríbense con pl: aplicar, copla, diploma,
exemplo, placa, planta…
Os grupos consonánticos br, cr, fr, gr, pr:
Escríbense con br: abrandar, branco, brandir,
brasón, dobrar, nobre, nubrar, obrigar, redobrar…
Escríbense con cr: almiscre, cravar, cravo,
cravuñar, escravo, recruta…
Escríbense con fr: afrouxar, chifrar, chifre,
fraco, frauta, frecha, fregués, fretar, frouxo…
Escríbense con gr: fragrancia, regra,
singradura, xograr…
Escríbense con pr: apracíbel, aprazar,
compracer, cumprir, desprazar, emprego, pracer, prata, prato, prazo, pregar,
preito, soprar, soprete…
Os grupos consonánticos –pn-, -ps-, -pt-:
Adoitan escribirse en palabras cultas, aínda que na fala se elimine a primeira consoante: pneumático, pseudónimo, psique, psicoloxía, psiquiatría, pterodáctilo…
Nas seguintes palabras engade –pc-,ou –pt- onde sexa
necesario:
Ace
|
Descri
|
Sé
|
Inscri
|
O
|
Di
|
Subscri
|
Circunscri
|
Ca
|
Ca
|
Se
|
Di
|
Se
|
Tri
|
Adscri
|
Transcri
|
Coloca r ou l onde corresponda:
B