As maiúsculas
Escríbense con maiúscula inicial os seguintes casos:
A primeira letra dun texto, dos títulos dos libros e a
que vai despois de punto.
Os nomes propios (de persoa, lugar, alcumes, animais…).
O artigo que acompaña o nome dalgunhas poboacións: A
Coruña, O Barco.
Os nomes comúns cando pasan a ser nomes propios: Instituto
de Educación Secundaria.
As abreviaturas de tratamento: Sra., D., Excmo.
Os nomes de institucións e os adxectivos que os
acompañan: Real Academia Galega.
Substantivos e adxectivos que forman parte do nome
dunha festa relixiosa, civil ou popular: Día das Letras Galegas.
Despois de signo de interrogación e exclamación cando
equivalen a punto.
Algúns acrónimos: Sergas (Servicio Galego de
Saúde).
Os nomes de xerarquías ou cargos importantes cando non
van acompañados do antropónimo: o señor Director.
Despois de dous puntos emprégase maiúscula:
No saúdo das cartas (Querida Uxía: Xa recibín a túa postal de Londres).
Nas citas textuais (O doutor dixo: "É un paciente poliálxico").
Cando o que segue forma en si mesmo un enunciado independente.
Tamén se escriben con maiúscula:
As siglas: ONU, RAG.
A numeración romana: VI, III.
As abreviaturas dos puntos cardinais: N., S.
Os pés dalgúns textos administrativos, como as
instancias:
SR.
D. DIRECTOR DO IES DE SABÓN
Non se escriben con maiúscula:
Os nomes das estacións do ano (primavera, verán, outono, inverno).
Os nomes dos meses (xaneiro, febreiro, marzo...).
Os días da semana (luns, martes, mércores, xoves...).
Os xentilicios (coruñés, lugués, arteixán, bolés...).
Os nomes das notas musicais (dó, re, mi, fa, sol, la, si).
As abreviaturas do sistema métrico decimal (cm., dm...) .