Algunhas grafías (casos e exercicios)

Escríbense con d:

Cuadrienio, cuadrimotor, cuadriplicar, faldriqueira, lealdade, liberdade, margarida, padroado, renda, venda.

Escríbense con g palabras como:

Revogar (anular), irrevogábel, mastigar, vigairo.

Algúns cultismos comezan polo grupo consonántico gn-: gneis, gnomo, gnose.

Uso de k:

Esta letra non existe na nosa lingua; non obstante certas palabras estranxeiras que aínda non están adaptadas ao sistema gráfico do galego, escríbense con K: kafkiano, káiser, kamikaze, karate, kiwi, anorak.

Uso de i, l, ll:

Escríbense con i latino: ianqui, iate, iodo, ioga, iogur, iugoslavo, boia.

Escríbese con l: ampola, apostilar, argola, atropelar, avasalar, belo, calo, camelo, casula, colar, crioulo, degolar, estaleiro, querela, rolo, selo, talo.

Escríbese con ll: antollo, bacallau, baralla, brillar, burbulla, cella, coello, mexillón, orgullo, pallaso.

Uso de p:

Non levan p: adscrición, circunscrición, descrición, ditongo, setentrional, sétimo.

Uso de s e de x:

Escríbese con s: biscoito, escavar, escéptico, escusa, esplendor, espolio, espremer, estender, estraño, Estremadura, lapis, mesquiño, sentinela, xasmín.

Escríbense con x /ks/: exhortar, éxodo, expropiar, extensión, extraer, extravagante, extremo, exuberancia.

Escríbese con x: adxacente, arxila, caxemira, clixé, cónxuxe, cornixa, enxalzar, exacular, graxa, haxís, pexorativo, subxugar, xeso, xema, xeo, xugular.

Uso de z:

Hai algunhas palabras que levan z no canto de c, diante de e, i: zigzag, zigzagueante, zinc.

Exercicio 1

Indica cales destas palabras están escritas de forma incorrecta:

pallaso margarida septentrional

coelo ditongo cuadriplicar

yanqui ampolla antolo

venta graxa iugular

degolar peiorativo centinela



Exercicio 2
Enche os ocos co que corresponda

arate masti ar leal ade

ogur mexi ón e travagante

lapi ami aze cua rimotor

ad acente ugoslavo orgu o

atrope ar ro o e tensión