Abreviacións (e exercicios)

Abreviatura

É a representación dunha palabra cunha ou máis das súas letras, a primeira delas é a inicial.

Características distintivas:

Van seguidas de punto (etc.; dpto.; tfno.: etcétera, departamento, teléfono).

Levan acento se o leva a palabra da que procede (páx.; cód.: páxina, código).

Símbolo

É unha forma abreviada de recoñecemento internacional que na ciencia e na técnica se refire a unha palabra ou a un sintagma.

Características distintivas:

Non levan punto ao final (cm, h, m, km…).

O propio símbolo recolle o singular e o plural (20 cm, 2 h…).

Sigla

É un conxunto de letras que ten como fin a abreviación dunha denominación ampla e que se forma coas formas iniciais das formas plenas.

Características distintivas:

Non levan espazo nin punto entre as letras (IVE, DNI, DOG).

Non se acentúan.

Escríbense en maiúscula.

Acrónimo

É a unión de máis dunha letra de todas ou algunha das palabras da denominación completa, para facilitar a súa pronuncia.

Características distintivas:

Só se escribre con maiúscula a letra inicial: Inem (Instituto Nacional de Emprego), Tecor (Terreo cinexéticamente ordenado)…

Exercicio 1

Identifica se son abreviaturas, símbolos, acrónimos ou siglas.

Etc.

Abreviatura

Símbolo

Acrónimo

Sigla


DNI

Abreviatura

Símbolo

Acrónimo

Sigla


Hm

Abreviatura

Símbolo

Acrónimo

Sigla


Sergas
Abreviatura

Símbolo

Acrónimo

Sigla

V.V.A.A.

Abreviatura

Símbolo

Acrónimo

Sigla


Exercicio 2
indica a palabra plena das seguintes abreviaturas:
D.: Dna.: Dr.: Dra.: S.E.: S.M.: Sr.: V.V.A.A.: Vde.: Vdes.: . Sra.:
  
Exercicio 3
Abrevia as seguintes denominacións como corresponda:

Insitutuo Nacional de Emprego:

Número de Identificación Fiscal:

Terreo cinexéticamente ordenado:

Radio Detection and Rangding:

Rede Nacional de Ferrocarriles do Estado:

: SIDA ou Sida.