A puntuación
O punto
O punto pode empregarse nas seguintes situacións:
Como punto e seguido, para separar
oracións que teñen certa relación no tema.
Como punto e aparte, para separar parágrafos que
tratan temas diferentes dentro dun texto.
Como punto e final, para indicar o remate dun
escrito.
Ao final das abreviaturas.
Na fracción das horas: as 13.50 h.
A coma
Emprégase
Nos enderezos, para separar o nome da rúa do número e o
piso: Rúa Brañas, nº 5, 7º.
Nas relacións alfabéticas por apelidos:Méndez Barro,
Iago.
Para separar palabras nunha serie ou enumeración:
Amaba a paisaxe, as
súas cores, a luz, a brisa.
Fomos Anxo, Raúl e mais eu.
Para separar oracións curtas nunha enumeración de
accións: Púxose de pé, mirou á dereita, mirou á esquerda, acenoulle a un
taxi e subiu nel.
En aposicións: “Dáme, Señor, paciencia”
Para intercalar aclaracións:
Esta mañá, na escola,
escoitabamos o ruxir dos alustros.
Antes e despois dos nomes de persoa aos que nos
diriximos: Inés, vai de gana buscarme a tesoira.
A coma nas oracións compostas
Habitualmente,
nas oracións compostas (as que teñen
dous ou máis verbos en forma persoal) a coma
emprégase:
Nalgunhas oracións
compostas por coordinación:
Disxuntivas: “ora ri,
ora chora”. (Pero: “ou ri ou chora”).
Distributivas:- Uns
veñen, outros van.
Adversativas (Era
pobre, pero honrado; Non me prestan os grelos; así e todo teño que comelos).
Explicativas: Direicho,
xa que mo preguntas.
Nas oracións compostas subordinadas adverbiais:
Condicionais (para
separar a prótase da apódose nas oracións subordinadas adverbiais
condicionais): Se non les o texto completo, non entenderás o seu
significado. Se suspendo de novo, na
casa hanme berrar.
Causais (causa e
consecuente): Merquei os iogures naturais, pois os de sabores fanme mal.
Como ninguén me avisou, non fun á reunión.
Consecutivas
(antecedente e consecuente): Xa non podo máis, polo tanto, voume para a
cama. Mais non sempre é precisa a coma: É tan despistado que nin sequera
me viu.
Concesivas (tese e
antítese): Por máis que llo pedín, non mo quixo dar. Mesmo que mo dixese meu
pai, non o crería.
Mais non sempre é precisa a coma: Irei
á praia pese a que chove moito.