Saltar navegación

Videofórum: Diana na rede

 

Diana na rede é unha curtametraxe do ano 2013. Foi financiada polo Concello de Madrid dentro dun programa de prevención da violencia de xénero entre adolescentes.

Reflexión

  1. Traza dous eixos cronolóxicos da curtametraxe. Coloca, como mínimo, cinco adxectivos sobre cada un deses eixos que describan a Diana e Sebastián. Alén de definiren a súa personalidade, os adxectivos deben dar conta da súa evolución psicolóxica.
  2. Diana envólvese nunha relación de malos tratos. Describe a Rocky en cinco adxectivos que denoten o seu perfil. Cales son os primeiros signos de alarma na súa relación?
  3. Que sucede cando Diana decide romper a relación por primeira vez? Con que fase do ciclo da violencia se corresponde esta actitude? Que sucede despois coa relación?
  4. Que tipo de violencia de xénero recolle fundamentalmente a curtametraxe? Pon algún exemplo sacado da trama.
  5. Como cres que as amizades e familiares de Diana observan a relación desde fóra? Que lle dirías se fose a túa amiga?
  6. Unha das películas que Sebastián fotografía titúlase “De tal pai, tal fillo”. Como interpretas esta escena?
  7. Esta é a escaleira da violencia de xénero. En cada chanzo coloca unha escena da película que reflicta cada unha das formas da violencia.
Maite Bouza. Escaleira da violencia (CC BY-NC-SA)