Materiais para a investigación
Explicaráselle ao alumnado (oral ou por escrito) os elementos básicos dunha ficha, e como preenchelos:
-
Ficha nº: as fichas levan unha numeración numérica correlativa (do 01 ao 99, por exemplo), ou ben con chaves alfanuméricas (por exemplo, se se trata dun traballo sobre as cancións de Nadal, NAD 01, NAD 02, etc).
-
Datos do informante: aquí recolleríanse os datos referidos á persoa que proporciona a información recollida na ficha.
-
Nome e apelidos: do informante ou fonte.
-
Lugar, data de nacemento: se non se coñece, basta o ano. Calquera dúbida sobre a información debe levar o signo de interrogación ao final (por exemplo, Riós? 1923).
-
Domicilio: do informante, rúa, número, parroquia, aldea, lugar ou barrio...
-
Profesión: coñecida, incluíndo se vivía da música en maior ou menor medida.
-
Contacto: persoa coa que contactaron para entrar en contacto co informante.
-
Observacións: información que se considere de interese engadir.
-
Datos da obra: aquí recolleríanse os datos referidos á obra (canción, no exemplo presente) que se recolle na ficha.
-
Título: da obra; se non ten, pódese tomar como tal o primeiro verso da obra. Nese caso, convén colocalo entre aspas, para diferenciar o título real do emprego do primeiro verso como título, por descoñecemento do título por parte do informante.
-
Clase: como xénero, ou ben pola súa temática.
-
Estrutura métrica: é dicir, métrica e rima, ou tipo de estrofa. Por exemplo, Cuarteta, 8a 8b 8a 8b.
-
Estrutura melódica: características destacables da liña melódica ou da tesitura (ascendente-descendente, modo maior, graos conxuntos, aguda...).
-
Estrutura rítmica: características destacables do ritmo (anacrúsica, métrica, compás binario...).
-
Esquema estrutural: forma musical, tamén en relación ao texto. Considerando a existencia de frases (A, B) e de versos (a b c d) teriamos unha estrutura, por exemplo, do tipo A (a b) B (c d) B (c d).
-
Transcrición do texto: separando os versos por barras ou guións (/, -), especialmente nas obras narrativas, pola gran cantidade de estrofas presentes; neste caso, convén separar unha estrofa da seguinte por unha dupla barra (//).
-
Transcrición da música: coa axuda do profesorado ou ben suprimindo este apartado, se se considera conveniente.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0